• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

17/08/2016

Un proxecto de I+D+i de Misturas, no Journal Construction of Engineering and Management

Un proxecto de I+D+i de Misturas, no Journal Construction of Engineering and Management

A prestixiosa revista internacional Journal Construction of Engineering and Management recolle, nun dos seus últimos números, un artigo con resultados dos proxectos de investigación nos que participa Misturas, concretamente sobre a potencialidade do uso de equipos xeorradar no control de obras de enxeñería civil no ámbito ferroviario. O responsable de I+D+i da compañía, Francisco Javier Prego, asina o artigo xunto con tres profesores da Universidade de Vigo, do grupo de investigación en Xeotecnologías Aplicadas das Escolas de Enxeñeiros de Minas e Industriais. O proxecto ao que fai referencia a información trata sobre a aplicación de novas tecnoloxías para a xestión e inspección de infraestruturas, e busca mellorar a seguridade nas estradas e outras infraestruturas do transporte, reducindo os custos de mantemento. Os investigadores deseñaron software e tecnoloxía que colocaron, xunto con outros sistemas de medición, nun vehículo prototipo de inspección, que recompila en marcha todo tipo de datos grazas a sensores como láser escáner, termografía infravermella, fotogrametría e xeorradar, entre outros. Toda esa información pasa despois a unha base de datos xeorreferenciada nun ordenador central, no que se sincronizan todos os sistemas para permitir a elaboración dunha diagnose da situación real de cada infraestrutura. O artigo publicado céntrase na análise da potencialidade das técnicas de inspección con xeorradar no ámbito dos túneles ferroviarios, e titúlase “Assessing the applicability of Ground-Penetrating Radar to quality control in tuneling construction”. A revista Journal Construction of Engineering and Management, editada pola American Society of Civil Engineering (ASCE), está indexada no JCR (Journal Citation Report), un indicador de calidade valorado polos organismos de avaliación da actividade investigadora a nivel mundial. Assessing the Applicability of Ground-Penetrating Radar to Quali

  • Voltar