• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana
  • Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

04/04/2019

Nanocelulosas para obter mesturas asfálticas en frío melloradas e sostibles

Nanocelulosas para obter mesturas asfálticas en frío melloradas e sostibles

Misturas acaba de iniciar o segundo fito do proxecto de I+D Emulcell, no que traballa desde xullo de 2017 para desenvolver novas emulsións bituminosas mediante o uso de nanocelulosas, co obxectivo de obter mesturas asfálticas en frío melloradas ambientalmente sostibles.

O proxecto Emulcell investiga o uso de distintos tipos de nanocelulosas como emulxentes para a estabilización de mesturas bituminosas en frío, coa finalidade de diminuír o seu custo de fabricación e minimizar os impactos ambientais asociados á fabricación deste tipo de mesturas.

O primeiro fito do proxecto desenvolveuse ata o pasado mes de decembro, coa definición de necesidades, requirimentos técnicos e o deseño e desenvolvemento das fórmulas para as novas mesturas. O segundo fito, iniciado en xaneiro de 2019, busca a optimización das mesmas, analizando os resultados e mellorándoas. Posteriormente realizarase o escalado e a sua aplicación en obra coa construción dun tramo de proba.

Xunto con Misturas, participan neste proxecto o Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais (CGM) da ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), a través da súa Área de Materiais Avanzados, contando co apoio da consultora Euro-funding International.

O proxecto Emulcell está cofinanciado polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) do Ministerio de Economía y Competitividad (Ref. IDI-20171097), con un orzamento de 568.912 €.

Esta iniciativa de I+D+i presenta un gran potencial no campo da fabricación dos firmes, debido ao elevado número de estradas secundarias susceptibles de ser asfaltadas con este tipo de mesturas e aos beneficios ambientais derivados da redución de consumo enerxético durante a súa fabricación.

imagenComposicion final (1)

  • Voltar