• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

19/06/2020

Misturas reforza os seus protocolos de seguridade fronte a crise do COVID-19

Misturas reforza os seus protocolos de seguridade fronte a crise do COVID-19

Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, e co fin de evitar a propagación do COVID-19, MISTURAS reforzou os seus protocolos de seguridade para previr contaxios entre os seus traballadores, provedores, subcontratistas e clientes. Unha das primeiras accións desenvolvidas pola empresa foi a realización de estudos de risco específicos asociados a cada obra, adaptando os diferentes plans de seguridade e saúde a estas recomendacións, co fin de facer fronte, de forma eficiente, a posibles eventualidades durante a crise sanitaria. Outras medidas adoptadas son a reestruturación dos postos de traballo e instalación de biombos protectores para manter distancias de seguridade adecuadas; a desinfección diaria de cada un dos postos de traballo, tanto en oficinas (computadores, teléfonos, material de oficina) como en obras (ferramentas e maquinaria), así como en zonas comúns (aseos, corredores, portas, casetas e contedores de obra).

Foron instaurados períodos de corentena para toda a documentación e materiais que entran nas instalacións da empresa, fomentando o uso de ferramentas informáticas e potenciado o emprego de sistemas de vídeo-conferencia e intranet, co fin de limitar a circulación de persoas, reducir o número de reunións e manter as medidas de distancia social e hixiene persoal recomendadas polo Ministerio de Sanidade.

Tamén se reforzou a repartición de material preventivo para minimizar os contaxios entre traballadores, entregando máscaras, luvas, xeles  hidroalcohólicos e produtos de desinfección individual a cada traballador, o que permite extremar as medidas de hixiene, tanto nas obras como nas instalacións da empresa.

Na medida do posible, a compañía pretende manter a súa actividade habitual, cumprindo as recomendacións sanitarias, os protocolos de actuación establecidos polas autoridades e as pautas consensuadas co Servizo de Prevención, seguindo diariamente a evolución da crise para actuar de acordo con novas indicacións, se fora necesario.

  • Voltar