• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana
  • Novo polígono industrial na localidade zamorana de San Cristóbal de Entreviñas

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

15/06/2015

Misturas organiza unha xornada técnica sobre sostibilidade na obra civil con motivo do seu 25º aniversario

Misturas organiza unha xornada técnica sobre sostibilidade na obra civil con motivo do seu 25º aniversario

Misturas está de aniversario. Con motivo dos seus 25 anos, a construtora organiza a xornada técnica ‘Sostibilidade na construción de obra civil: Novas perpectivas’, un encontro que terá lugar o vindeiro 18 de xuño na localidade de Allariz (Ourense).

Técnicos de diferentes administracións, empresas e universidades participarán nesta xornada, que prevé reunir arredor dun cento de asistentes e que conta coa colaboración do Concello de Allariz e da compañía Extraco.

O programa inclúe demostracións dalgúns proxectos de I+D+i, como o ‘Sitegi’, iniciativa dun consorcio empresarial do que forman parte Extraco e Misturas, ademais da Universidade de Vigo, e que optimiza a aplicación de sistemas integrados de tecnoloxías para a xestión de infraestruturas viarias co obxectivo de mellorar a seguridade e reducir os custos de mantemento. Presentarase tamén o proxecto ‘Biovalvo’ para a valorización das cunchas de mexillón na construción, idea na que participa Extraco xunto con institucións como o CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) e a Universidade da Coruña.

Haberá ademais outros dous relatorios sobre técnicas viarias adaptadas ao cambio climático e o uso de mesturas bituminosas en frío fabricadas con RCD’s.

A xornada contempla así mesmo unha visita técnica ás plantas de fabricación de aglomerado, en quente e en frío, que as empresas Extraco e Misturas, respectivamente, posúen no polígono industrial de Chorente, na mesma localidade. Alí os asistentes poderán comprobar in situ algúns dos resultados dos devanditos proxectos ‘Biovalvo’ e ‘Sitegi’.
imagen para web Misturas (1)-pequeno

  • Voltar