• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

11/04/2016

Misturas obtén o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad

Misturas obtén o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad

Misturas SA acaba de obter o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad (Mineco), un recoñecemento do que poderá facer uso oficialmente ata finais de decembro de 2018.

Este título implica interesantes vantaxes fiscais, a inscrición no Registro Pymes Innovadoras do Mineco e o acceso a liñas específicas de financiamento.

A importante implicación de Misturas en diferentes proxectos de I+D+i sustentou a resolución favorable da Dirección General de Innovación y Competitividad, que entre os requisitos para acceder a este selo contempla que as empresas recibisen financiamento público no últimos tres anos a través de diferentes convocatorias de axudas e proxectos de I+D, ou que demostrasen o seu carácter innovador mediante a súa propia actividade.

pyme_innovadora_mineco-SP_web-2018

A distinción a Misturas chega xusto despois de que a compañía conmemorase ao longo de 2015 o seu 25 aniversario. Entre as actividades desenvolvidas para esta celebración destacou a organización dunha xornada técnica na que precisamente se presentaron diferentes iniciativas de I+D e que incluíu unha visita á planta de aglomerado asfáltico que Misturas ten no polígono industrial de Chorente, en Allariz (o vídeo amosa un resumo desta xornada).

VIDEO

  • Voltar