• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

29/12/2016

Misturas mobiliza os equipos quitaneves para as estradas de Ourense

Misturas mobiliza os equipos quitaneves para as estradas de Ourense

A empresa Misturas xa ten toda a maquinaria preparada e dispoñible para o mantemento invernal das estradas na provincia de Ourense.

A construtora forma parte da Unión Temporal de Empresas (UTE), xunto a Extraco, que se encarga da conservación das estradas convencionais da Xunta de Galicia nesta provincia, e que acaba de iniciar o denominado “Plan de Vialidade Invernal”, co obxectivo de que todas as vías de titularidade autonómica estean en condicións óptimas de circulación.

A UTE coordina os traballos para toda a provincia desde o Centro de Conservación situado en Santa Mariña, no termo municipal de Ourense, mobilizando unha gran cantidade de medios materiais e humanos. Ademais dos operarios que durante todo o ano traballan na conservación, súmanse sete traballadores de reforzo para a época invernal – o plan da Xunta está en funcionamento ata o próximo 30 de abril -.

Entre os equipos dispoñibles para facer fronte á climatoloxía adversa dos meses máis fríos destacan os camións quitaneves, dotados de saleiros e esparexidores de salmoira, vehículos lixeiros, furgonetas e maquinaria pesada para eventuais actuacións (camións e retroescavadoras de apoio).

DSC_8 MISTURAS INTERIOR 1DSC_8567 mist INTERIOR 2

  • Voltar