• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

24/11/2015

Misturas compra en Allariz a parcela na que está instalada a súa planta de aglomerado asfáltico en frío

Misturas compra en Allariz a parcela na que está instalada a súa planta de aglomerado asfáltico en frío

Misturas acaba de adquirir unha parcela no Polígono Industrial de Chorente, en Allariz (Ourense), na que ten instalada unha planta de aglomerado asfáltico en frío. Trátase dun terreo de 12.000 m2 de superficie do que ata o de agora dispoñía en réxime de aluguer.

A planta instalada en Allariz é de tipo móbil, da marca Fabremasa, modelo MZF-3, consta de dúas moegas e ten unha capacidade produtiva de 180 T/h para mesturas bituminosas en frío, e de 250 T/h para grava-cemento.

O pasado mes de xuño, con motivo da celebración do 25 aniversario de Misturas, técnicos de varias administracións e representantes de empresas do sector puideron coñecer estas instalacións e o proceso de fabricación de aglomerado asfáltico en frío.

Este produto está elaborado con mesturas de áridos seleccionados e emulsións asfálticas, fabricado para a súa aplicación e endurecemento en frío. É similar ao quente, pero resulta máis eficaz nunha gran variedade de usos baixo calquera condición meteorolóxica.

  • Voltar