• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

07/09/2020

Misturas completa a reforma e acondicionamento do Pavillón XII da Casa de Campo de Madrid

Misturas completa a reforma e acondicionamento do Pavillón XII da Casa de Campo de Madrid

Misturas terminou o pasado mes de agosto as obras de reforma e acondicionamento do Pavillón XII do Recinto Feiral da Casa de Campo de Madrid. Trátase dun edificio singular, de 2 plantas, construído en 1965 como pavillón de exposicións do Instituto Nacional de Industria, destinado a exhibicións de maquinaria pesada, que foi deseñado orixinalmente polo arquitecto Francisco Belosillo. Na actualidade está xestionado pola empresa pública “Madrid Destino Cultura, Turismo y Negocio, S.A.”, propiedade do Concello da capital.

As obras realizadas tiveron como obxectivo recuperar a estrutura e os espazos orixinais do histórico pavillón, como fase previa á implantación de novos usos. Para tal fin foron acondicionadas as cubertas eliminando fibrocemento e recuperando a impermeabilización da lousa orixinal. Tamén foron eliminadas as pérgolas e locais engadidos ao edificio principal, cadros e instalacións obsoletas que enmascaraban a estrutura orixinal do edificio. Recuperouse ademais unha zona de terrazas e soportais, liberando a planta baixa dos cerramentos que ocultaban a diafanidade dos espazos orixinais, que quedaron listos para novas actividades. Está previsto que, no futuro, o edificio acolla a sede da Banda Sinfónica Municipal de Madrid.

FACHADA PABELLÓN CASA DE CAMPO

  • Voltar