• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Entra en servizo o novo albergue de peregrinos de A Laxe en Vilasantar (A Coruña)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

2013 - Misturas, S.A.

Novas

01/02/2018

Os veciños de Ferrol poden solicitar o arranxo das rúas a través de Internet

Os veciños de Ferrol poden solicitar o arranxo das rúas a través de Internet

Os veciños de Ferrol xa poden solicitar o arranxo de fochancas e danos nas súas rúas a través dunha plataforma online, unha nova vía de comunicación telemática directa con Misturas.

A empresa, adxudicataria dos traballos de reparación e mantemento de rúas e camiños desde hai uns meses, completou o servizo coa posta en funcionamento de https://mantementoferrol.gal/, unha nova ferramenta para que os cidadáns poidan informar sobre as incidencias nos seus barrios, ou coñecer os lugares nos que está a actuar a empresa en cada momento e nos que xa traballou.

Accedendo á plataforma, cada usuario pode iniciar sesión e enviar comentarios, fotografías e documentos para explicar polo miúdo a incidencia que quere que sexa acometida. Unha vez enviada a petición, poderase consultar o estado de tramitación desde o apartado “As miñas peticións”.

Está habilitado outro apartado, “Obras en curso”, no que se mostran as intervencións que se están executando no momento sobre un mapa do municipio.

En “Actuacións realizadas”, os veciños poden visualizar, ademais, os informes mensuais das obras levadas a cabo desde o pasado mes de novembro, data na que a empresa iniciou o servizo de mantemento e reparación de estradas.

  • Voltar