• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

05/10/2017

A Escola de Minas e Enerxía de Vigo recoñece a traxectoria de Misturas e o seu apoio á Universidade

A Escola de Minas e Enerxía de Vigo recoñece a traxectoria de Misturas e o seu apoio á Universidade

A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo (UVigo) recoñeceu a traxectoria de Misturas, outorgándolle un diploma de agradecemento pola súa colaboración nos ámbitos da docencia e da investigación.

A Escola celebrou en Vigo, en xullo pasado, o acto académico de gradación dos alumnos das distintas titulacións que se imparten no centro e aproveitou o evento para conmemorar o XXV aniversario deste centro, entregando diplomas acreditativos a aquelas empresas e institucións que, durante máis de dúas décadas, apoiaron activamente as súas actividades, coa acollida de estudantes en prácticas nas compañías ou impulsando e promovendo proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).

Misturas foi unha das firmas recoñecidas no evento, ao que asistiron a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, María Asunción Longo; a directora da Escola de Minas, Natalia Caparrini, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

diploma3

  • Voltar