• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • ¿Desexas ser proveedor?

Últimas novas

  • MISTURAS, galardoada nos IV Premios PEME do Ano de Ourense
  • O CITEEC da Universidade da Coruña (UDC) estrea novo laboratorio coa participación de MISTURAS

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

2013 - Misturas, S.A.

Novas

27/07/2020

A conservación de estradas de Pontevedra-Norte, xestionada pola UTE Misturas-Extraco PO-01, participa na desinfección de rúas na loita contra a COVID-19

A conservación de estradas de Pontevedra-Norte, xestionada pola UTE Misturas-Extraco PO-01, participa na desinfección de rúas na loita contra a COVID-19

Os medios técnicos e humanos do contrato de conservación de estradas Pontevedra-Norte,  xestionados pola UTE MISTURAS-EXTRACO PO-01,  colaboraron activamente nos traballos de desinfección de ruas e vias para mitigar a propagación da COVID-19 en Galicia.

Desde que comezou a pandemia, os vehículos empregados nas operacións de vialidade invernal foron reconvertidos para dosificar unha solución desinfectante de hipoclorito por rúas e prazas. Trátase dunha actuación promovida polo Ministerio de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana, en coordinación coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas do Estado.

O contrato de conservación de Pontevedra-Norte encárgase do mantemento de vías tan importantes como as estradas N-525, N-550 e N-640 ao seu paso por esta provincia. Entre as accións de desinfección anti-COVID-19 máis relevantes destacan as intervencións realizadas nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Marín e Tui, en abril pasado.

  • Voltar