• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón
  • Misturas entrega un novo edificio de mando e un garaxe para vehículos pesados na base militar Conde Gazola

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

14/02/2022

A “Asociación Española de la Carretera” (AEC) agradece a Misturas o seu apoio na organización de VYODEAL 2021

A “Asociación Española de la Carretera” (AEC) agradece a Misturas o seu apoio na organización de VYODEAL 2021

D. Juan Francisco Lazcano, Presidente da “Asociación Española de la Carretera”  (AEC), agradeceu a Misturas o seu apoio como empresa patrocinadora da XXV edición do “Symposium Nacional de Vías y Obras de la Administración Local” (VYODEAL), congreso de referencia no sector da conservación e xestión viaria en España.

As xornadas de traballo de VYODEAL 2021 desenvolvéronse os días 18 e 19 do pasado mes de outubro no Salón de Plenos do Palacio Provincial de Pontevedra, sendo a Deputación unha das entidades promotoras do congreso.

Baixo o lema “A estrada local como espazo público”, unha trintena de expertos -entre relatores e integrantes das mesas de traballo- mostraron as súas experiencias e proxectos no marco de cinco grandes bloques temáticos: Recuperación do espazo público para as persoas; Retos de futuro na xestión de redes de deputación; Xestión de desastres naturais en estradas locais; Sistema seguro adaptado á rede local e Adaptación dixital das redes locais: MRR.

O congreso foi inaugurado por Dª Isabel Pardo de Vera, Secretaria de Estado de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, e Dª Carmela Silva, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, que tamén foi a encargada da súa clausura, acompañada por D. César Mosquera (Vicepresidente da entidade provincial), D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra, e D. Juan Francisco Lazcano (pola AEC).

Máis información en: https://25vyodeal.aecarretera.com/

25 Vyodeal CARTEL 1 PONTEVEDRA

  • Voltar