16/11/2018
Inaugurado o aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo construído por Misturas

O Concello de Vigo acaba de inaugurar o novo aparcadoiro municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, denominado Clara Campoamor, cuxas obras, adxudicadas a Misturas, finalizaron o pasado mes de xullo.
Trátase dun aparcadoiro en superficie, ao aire libre, con capacidade para 400 prazas, construído nunha parcela de 17.000 metros cadrados que está localizada xunto ao complexo sanitario da cidade e conectada co mesmo por medio de beirarrúas. Conta con dez prazas reservadas para persoas con discapacidade no extremo máis próximo á zona de consultas externas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de inaugurar esta instalación. Fíxoo acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, entre outras personalidades.