• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

02/05/2018

Rematado o reforzo dos piares no Paseo Marítimo de Castro Urdiales

Rematado o reforzo dos piares no Paseo Marítimo de Castro Urdiales

As obras para reforzar os piares do Paseo Marítimo de Castro Urdiales, en Cantabria, finalizaron o pasado mes de abril. Os traballos iniciáronse en outubro pasado, cun prazo de execución de seis meses, pero Misturas tivo que paralizar as tarefas en varias ocasións durante este inverno, por culpa dos fortes temporais que afectaron á zona.

Esta obra, contratada pola Consellería de Obras Públicas de Cantabria, tivo por obxectivo a reparación de todos os piares do paseo, nun tramo de 400 metros de lonxitude por 10 metros de anchura. Para iso realizouse un saneamento previo dos formigóns e armaduras, cun material protector anticorrosión. A actuación implicou tamén a impresión de fibra de vidro para encamisar os piares e a aplicación de formigón fluído para recubrilos. Así mesmo, os traballos incluíron reparacións nas laxas nas que existen elementos de drenaxe.

Xunto a Misturas participou tamén neste proxecto a empresa Extraco. Ambas formaron a UTE “Estructura Puerto Castro Urdiales”.

FOTO 5 CASTRO URDIALES
FOTO 1 CASTRO URDIALES
FOTO 7 CASTRO URDIALES


FOTO 2 CASTRO URDIALES
FOTO 3 CASTRO URDIALES
FOTO 6 CASTRO URDIALES




  • Voltar