• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Monforte de Lemos estrea unha substancial mellora da rede de saneamento urbana

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

06/11/2020

O CITEEC da Universidade da Coruña (UDC) estrea novo laboratorio coa participación de MISTURAS

O CITEEC da Universidade da Coruña (UDC) estrea novo laboratorio coa participación de MISTURAS

O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC) puxo en marcha un novo laboratorio para estudos hidrolóxicos no Campus Universitario de Elviña (A Coruña). A nova instalación, construída coa participación de MISTURAS, consta dun prototipo de sección de rúa a tamaño real, con beirarrúas e pavimento asfáltico, sobreelevada do chan e dotada dun simulador de choiva baseado en goteiros. A sección conta con imbornais, sumidoiros e un sistema de saneamento para captación da escorrentía superficial, o que permite estudar a escala real modelos físicos de drenaxe urbana. O pavimento drenante da instalación permite abordar de forma detallada o estudo dos fenómenos de lavado de sedimentos e colmatación de firmes nunha estrada. Os primeiros ensaios realizados nesta instalación por investigadores do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da UDC foron recollidos no estudo “Caracterización experimental inicial dun asfalto poroso mediante simuladores de choiva”, presentado na Rede de Laboratorios de Hidráulica de España (RLHE), dentro da liña prioritaria de investigación de riscos asociados a escorrentía urbana.
Este traballo forma parte do proxecto POREDRAIN (Ref. RTI2018-094217-B-C33), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades-Goberno de España (MCIU/AEI/FEDER, UE).

composicion

composicion2

  • Voltar