• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós

Últimas novas

  • Misturas, gañadora do premio “PEME do ano 2022” de Ourense
  • Os resultados finais do proxecto EMULCELL, presentados no X Congreso de Historia das Vías de Comunicación e no encontro de innovación de ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia)

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

14/01/2022

O Concello de Ferrol (A Coruña) adxudica a Misturas o novo servizo de mantemento de vías

O Concello de Ferrol (A Coruña) adxudica a Misturas o novo servizo de mantemento de vías

Misturas resultou adxudicataria do novo servizo de mantemento de vías do Concello de Ferrol (A Coruña). O contrato, totalmente operativo desde o pasado mes de outubro, inclúe a reparación e reposición de rúas, prazas, beirarrúas e outros espazos públicos, ademais das vías e estradas de zonas rurais do municipio, incluíndo a atención ao mobiliario urbano e sinalización.

O novo servizo prevé que, en situacións de emerxencia, as reparacións sexan  executadas de forma inmediata, mentres que nas consideradas urxentes actuarase en 24/48 horas. Ademais, en todas as actuacións está previsto que os materiais empregados sexan o máis similares posible aos preexistentes, tanto en aparencia como en acabados e calidade.

O contrato ten unha duración de dous anos, prorrogables. Coa entrada en vigor deste servizo, o Concello espera que as rúas e prazas de Ferrol melloren considerablemente o seu estado de conservación, xa que o municipio carecía do servizo desde o último trimestre de 2019.

FOTO NUEVA 2-IMG_3026


 

  • Voltar