• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina
  • A pleno rendemento o macroplan de estradas da comunidade de Aragón

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

02/01/2026

Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina

Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina

O proxecto de I+D+i Bitúmina, dirixido á mellora técnica e medioambiental das mesturas bituminosas temperadas e frías mediante o uso de lignina modificada quimicamente ou con aditivos oleosos, finalizou o pasado mes de decembro tras acadar todos os seus obxectivos e despois de case tres anos de intenso traballo.

Con financiación do Centro para el Desarrollo Técnológico y la Innovación (CDTI), (Ref. IDI-20230575), supón un fito máis de Misturas na procura de novos materiais de construción, máis eficientes e respectuosos coa contorna. Liderado por Ence, Bitúmina contou ademais coa colaboración do Cetim e a Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Integrado de Enxeñería Civil e Xeomática da EPS de Lugo).

O obxectivo foi desenvolver mesturas bituminosas frías e temperadas con mellores prestacións técnicas e ambientais, mediante o emprego de bio-betumes e emulsións bituminosas baseadas en lignina Kraft modificada (quimicamente ou aditivada con aceites vexetais), incorporando tamén material procedente do fresado de firmes (Reclaim Asphalt Pavement, RAP) en substitución dos áridos naturais. A lignina chegou de Ence, do proceso de produción de pasta de celulosa.

No último trimestre de 2025 probáronse nunha obra real as novas mesturas bituminosas en frío desenvolvidas no proxecto, construíndo un tramo experimental-prototipo no polígono industrial de Chorente, en Allariz (Ourense), preto das instalacións de produción de firmes de Misturas. O tramo permitiu validar a escala industrial as propiedades dos novos pavimentos desenvolvidos. As fotografías adxuntas amosan varias das fases de construción do tramo de proba-demostrador co que culminou Bitúmina.

×
‹

›

  • Voltar