Acondicionamento de estrada OU-101. Tramo: Acceso Parque Tecnolóxico – Maceda (Ourense)
Acondicionáronse 15,1 km da estrada convencional OU-101, no tramo que une o acceso ao Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas co núcleo de Maceda, mellorando sensiblemente o trazado da vía e os tempos de percorrido, coa supresión de traxectos perigosos. Do total da intervención, 7 km de vía son de nova construción. Entidade contratante: Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.