• es
  • gl
  • en
  • pt

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”
  • Completado o proxecto Bitúmina para a mellora das mesturas bituminosas en frío con lignina

Esforzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esforzo constante nestes procesos. Coñece a nosa actividade nesta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

14/02/2017

Recuperación e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago

Recuperación e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago

Misturas foi adxudicataria dun contrato da Axencia de Turismo de Galicia, organismo dependente da administración autonómica, para acometer as obras de recuperación, sinalización e mellora de varios tramos do Camiño de Santiago do Norte, concretamente nas coñecidas como ‘Ruta da Costa’ e ‘Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo’. Entre as actuacións que Misturas ...

Ler máis

29/12/2016

Misturas mobiliza os equipos quitaneves para as estradas de Ourense

Misturas mobiliza os equipos quitaneves para as estradas de Ourense

A empresa Misturas xa ten toda a maquinaria preparada e dispoñible para o mantemento invernal das estradas na provincia de Ourense. A construtora forma parte da Unión Temporal de Empresas (UTE), xunto a Extraco, que se encarga da conservación das estradas convencionais da Xunta de Galicia nesta provincia, e que acaba de iniciar o denominado ...

Ler máis

20/10/2016

Misturas constrúe o novo centro de saúde de Pontedeva

Misturas constrúe o novo centro de   saúde de Pontedeva

Misturas foi a empresa encargada da construción do novo centro de saúde do Outeiro, no concello ourensán de Pontedeva, unhas obras que acaban de finalizar. A obra, promovida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, comprende un novo edificio de dúas plantas, organizado nun único volume compacto do que sobresaen dous soportais que marcan ...

Ler máis

17/08/2016

Un proxecto de I+D+i de Misturas, no Journal Construction of Engineering and Management

Un proxecto de I+D+i de Misturas, no Journal Construction of Engineering and Management

A prestixiosa revista internacional Journal Construction of Engineering and Management recolle, nun dos seus últimos números, un artigo con resultados dos proxectos de investigación nos que participa Misturas, concretamente sobre a potencialidade do uso de equipos xeorradar no control de obras de enxeñería civil no ámbito ferroviario. O responsable de I+D+i da compañía, Francisco Javier ...

Ler máis

17/06/2016

Expertos de Misturas analizan as utilidades do xeorradar no congreso Rehabend 2016

Expertos de Misturas analizan as utilidades do xeorradar no congreso Rehabend 2016

Persoal técnico do departamento de I+D+i de Misturas presentou un relatorio sobre as utilidades do xeorradar na análise e inspección de infraestruturas do transporte e estado do subsolo no recente Congreso Euro-Americano Rehabend 2016. O encontro técnico, baixo o lema ‘Patoloxía da Construción, Tecnoloxía da Rehabilitación e Xestión do Patrimonio’, tivo lugar en Burgos e ...

Ler máis

11/04/2016

Misturas obtén o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad

Misturas obtén o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad

Misturas SA acaba de obter o selo ‘Pyme Innovadora’ do Ministerio de Economía y Competitividad (Mineco), un recoñecemento do que poderá facer uso oficialmente ata finais de decembro de 2018. Este título implica interesantes vantaxes fiscais, a inscrición no Registro Pymes Innovadoras do Mineco e o acceso a liñas específicas de financiamento. A importante implicación ...

Ler máis

01/03/2016

‘Enxeñaría Viva’, a exposición que mostra o traballo dos enxeñeiros de Camiños

‘Enxeñaría Viva’, a exposición que mostra o traballo dos enxeñeiros de Camiños

Misturas S.A. é unha das empresas colaboradoras na exposición itinerante ‘Enxeñaría Viva’, unha iniciativa impulsada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia no marco da celebración dos ‘Encontros de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 2015’. A mostra ten por obxectivo dar a coñecer á sociedade o conxunto de actividades que comprende a enxeñería ...

Ler máis

24/11/2015

Misturas compra en Allariz a parcela na que está instalada a súa planta de aglomerado asfáltico en frío

Misturas compra en Allariz a parcela na que está instalada a súa planta de aglomerado asfáltico en frío

Misturas acaba de adquirir unha parcela no Polígono Industrial de Chorente, en Allariz (Ourense), na que ten instalada unha planta de aglomerado asfáltico en frío. Trátase dun terreo de 12.000 m2 de superficie do que ata o de agora dispoñía en réxime de aluguer. A planta instalada en Allariz é de tipo móbil, da marca ...

Ler máis

29/09/2015

Apoio de Misturas a varias iniciativas de I+D na convocatoria ‘Retos 2015’

Apoio de Misturas a varias iniciativas de I+D na convocatoria ‘Retos 2015’

Varias iniciativas universitarias de I+D+i obtiveron o apoio expreso de Misturas para a convocatoria do ‘Programa estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientado aos Retos da Sociedade 2015’. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2013-2016 do Ministerio de Economía y Competitividad, que pretende dotar de financiamento público ...

Ler máis

27/07/2015

Misturas amosa a súa aposta pola I+D+i coa presentación e demostración práctica de varios proxectos

Misturas amosa a súa aposta pola I+D+i coa presentación e demostración práctica de varios proxectos

Catro iniciativas de I+D+i foron presentadas e analizadas durante a xornada técnica organizada por Misturas http://genericcialisonline-rxnow.com/ en Allariz baixo o título Sostibilidade na construción de obra civil: Novas perspectivas, un encontro no que colaboraron o Concello de Allariz e a compañía Extraco. O proxecto ‘Sitegi’, impulsado por un consorcio formado por varias empresas galegas e ...

Ler máis

«‹678910›»