• ES
  • GL
  • EN
  • PT

Misturas

  • Coñécenos
  • Historia
  • Calidade
  • I+D+i
  • Actividade
  • Novas
  • Datos de contacto
  • Traballa con nós
  • Canal Ético
  • Proxectos financiados

Últimas novas

  • Consternación polo accidente ferroviario de Toledo
  • CONVOCATORIA DE LA JUNTA GENERAL ORDINARIA Y EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS DE LA SOCIEDAD “MISTURAS OBRAS E PROXECTOS, S.A.”

Esfuerzo en I+D+i

En Misturas realizamos un esfuerzo constante en estos procesos. Conoce nuestra actividad en esta área…

©Aviso Legal y Politica de Privacidad

©Politica de Cookies

2022 - Misturas, S.A.

Novas

27/02/2024

Restaurado o edificio de Turismo e Emigración no casco histórico de Santiago

Restaurado o edificio de Turismo e Emigración no casco histórico de Santiago

Contratada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Misturas executou a obra de restauración, mellora da envolvente térmica e distribución de espazos do edificio da praza de Mazarelos, en Santiago de Compostela, ocupado pola Oficina de Turismo e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

A actuación supuxo a rehabilitación do inmoble e a súa redistribución interior, con mellora da cuberta, tratamento de muros de perpiaño e fachada, sistema de illamento térmico e substitución de carpinterías, entre outros traballos.

A acción máis delicada e rechamante foi a restauración da escaleira, en especial varanda e artesoado, así como da vidreira que a coroa.






  • Voltar