{"id":4279,"date":"2013-07-10T13:53:08","date_gmt":"2013-07-10T11:53:08","guid":{"rendered":"http:\/\/misturasdev.des2.net\/?p=4279"},"modified":"2017-04-20T08:36:29","modified_gmt":"2017-04-20T06:36:29","slug":"misturas-lidera-un-proyecto-de-id-que-mejora-la-seguridad-en-carreteras-y-abarata-el-mantenimiento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/misturas.es\/gl\/sin-categoria\/misturas-lidera-un-proyecto-de-id-que-mejora-la-seguridad-en-carreteras-y-abarata-el-mantenimiento\/","title":{"rendered":"Misturas lidera un proxecto de I+D que mellora a seguridade en estradas e abarata o mantemento"},"content":{"rendered":"<p><strong>Un prototipo similar pero t\u00e9cnicamente m\u00e1is completo ao  utilizado por Google para a s\u00faa ferramenta \u201cstreet view\u201d recolle todo tipo de datos sobre o estado das v\u00edas.<\/strong> Misturas participa nun ambicioso proxecto de I+D que permitir\u00e1 crear e adaptar modernos sistemas tecnol\u00f3xicos para mellorar a seguridade en estradas e reducir os custos de mantemento. En concreto, a iniciativa, na que toman parte outras compa\u00f1\u00edas galegas e a Universidade de Vigo, e que est\u00e1 financiada con fondos europeos, desenvolve software e tecnolox\u00eda para a inspecci\u00f3n de infraestruturas co obxectivo  de optimizar a toma de decisi\u00f3ns sobre  a necesidade de executar ou non rehabilitaci\u00f3ns en pontes, t\u00faneles, pavimentos, viadutos e noiros. Concretamente, os investigadores est\u00e1n a crear un prototipo similar ao que utiliza o coche de Google para tomar todas as imaxes que introduce na s\u00faa ferramenta \u2018street view\u2019 de mapas, a\u00ednda que con aplicaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas novas e espec\u00edficas e cunha precisi\u00f3n centim\u00e9trica. Deste xeito, un veh\u00edculo no que se instala o instrumental percorre as estradas recollendo ao momento  todo tipo de datos necesarios para establecer un diagn\u00f3stico do estado da v\u00eda. Este prototipo conta con diferentes sensores, como l\u00e1ser esc\u00e1ner, que permite unha toma masiva de datos e crea as imaxes a partir de nubes de puntos, termograf\u00eda infravermella, fotogrametr\u00eda, v\u00eddeo, xeorradar, perfilometr\u00eda l\u00e1ser e sistema de localizaci\u00f3n global. Todos os datos recompilados pasar\u00e1n despois a unha base xeorreferenciada nun computador central grazas ao dese\u00f1o dun software de control que sincroniza todos os sistemas e permite establecer un diagn\u00f3stico da  situaci\u00f3n real de cada infraestrutura. Este sistema facilita a realizaci\u00f3n de estudos sobre a sinalizaci\u00f3n das estradas ou sobre a situaci\u00f3n das sa\u00eddas e entradas a estas. Unha das principais vantaxes deste proxecto \u00e9 o enorme aforro de custos e de tempo nos traballos de mantemento das estradas. Nun d\u00eda de toma de datos, o coche pode rexistrar informaci\u00f3n de m\u00e1is de 200 quil\u00f3metros, para o que agora se necesitar\u00edan varias xornadas de traballo sobre o terreo e equipos t\u00e9cnicos e humanos cuantitativamente moi importantes e especializados en distintos campos. O sistema posibilita tam\u00e9n que as revisi\u00f3ns do estado das v\u00edas se poidan facer con m\u00e1is frecuencia e as\u00ed establecer prioridades actuaci\u00f3ns de conservaci\u00f3n, sobre todo tendo en conta o escenario econ\u00f3mico actual, no que con menos recursos non se poden deixar pasar as cuesti\u00f3ns relacionadas coa seguridade viaria. O traballo, que recibe o nome de Proxecto Sitegi, est\u00e1 cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, dentro do Programa Operativo Fondo Tecnol\u00f3xico 2007-2013, e polo Centro para Desarrollo Tecnol\u00f3gico Industrial (CDTI). Xunto a Misturas participan nesta investigaci\u00f3n as empresas galegas Extraco, Insitu Enxe\u00f1er\u00eda, Enmacosa e L\u00f3xica, as\u00ed como o Grupo de Investigaci\u00f3n TF1 da Universidade de Vigo. O proxecto, xa superado o ecuador dos tres anos previstos para a s\u00faa execuci\u00f3n, ten un presuposto de m\u00e1is de 3,7 mill\u00f3ns de euros. O proxecto Sitegi conta con case unha decena de obxectivos espec\u00edficos: <\/p>\n<ol>\n<li>Dese\u00f1ar e fabricar un sistema integrado de inspecci\u00f3n de infraestruturas, un prototipo b\u00e1sico de  unidade m\u00f3bil no que estar\u00e1n integrados todos os aparatos necesarios para a toma masiva de datos.<\/li>\n<li>Desenvolver protocolos para inventariar as infraestruturas en estradas.<\/li>\n<li>Definir os m\u00e9todos de documentaci\u00f3n de estradas e as s\u00faas infraestruturas asociadas mediante os sensores non destrutivos integrados na unidade m\u00f3bil de inspecci\u00f3n.<\/li>\n<li>Desenvolver m\u00e9todos de avaliaci\u00f3n para establecer o diagn\u00f3stico do estado dunha determinada v\u00eda.<\/li>\n<li>Identificar requisitos de mantemento para unha axeitada conservaci\u00f3n das estradas.<\/li>\n<li>Potenciar a cooperaci\u00f3n entre empresas e a transferencia do co\u00f1ecemento dos centros de investigaci\u00f3n ao sector produtivo.<\/li>\n<li>Diminu\u00edr o custo econ\u00f3mico que presenta o mantemento das infraestruturas no territorio espa\u00f1ol e incrementar a seguridade nestas.<\/li>\n<li>Potenciar o uso das tecnolox\u00edas que fagan que as empresas participantes sexan m\u00e1is competitivas a nivel global e que se favoreza a s\u00faa internacionalizaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un prototipo similar pero t\u00e9cnicamente m\u00e1is completo ao utilizado por Google para a s\u00faa ferramenta \u201cstreet view\u201d recolle todo tipo de datos sobre o estado das v\u00edas. Misturas participa nun ambicioso proxecto de I+D que permitir\u00e1 crear e adaptar modernos sistemas tecnol\u00f3xicos para mellorar a seguridade en estradas e reducir os custos de mantemento. En [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1380,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[86],"tags":[],"class_list":["post-4279","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4279","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4279"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4279\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1380"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4279"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4279"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/misturas.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4279"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}